sábado, 30 de marzo de 2019

Quico y Mino



Esta foto é tan importante como que nella tán dous tíos meus.
Mino, el del medio dos que tán escuruxaos, era -dicen- un bon xogador, freboso, rápido y contundente y a Quico, el da dereta da foto, escoyéronlo pra ser portero. El sou equipo del que vían era el mítico Huracán de Serantes, anque neste retrato son úa selección que, como dice a foto, quedaron campeóis del occidente.
Mino xa nun vive. Chen de gana de seguir aquí foi puxao a embarcar y a Quico robóuye a salú de chaval, mentres fía a mili, un enfermedá que se chama esquizofrenia. Lleva llougo 60 anos resistindo el veneno, el desgaste y as trabuadas del mal que s'asañóu con él y a súa xente más prósima. A vida - y el exército español - foiye mui pouco clemente y si ye deu por pedir piedá ou descanso, el mal y as órdenes volvéronye el sentimento da soledá da voz que chama nel desierto. Xa é case tópico dicillo, pro os dioses nun fixeron del todo ben el reparto condo a meu tío Quico ye deron a súa ración de paz. Gustaríame botar con ellos un parzamique por si me convencen da súa falcatrúa que llevóu gratis a un inocente a padecer el sou despiste.
Pro ás veces, Quico ve cos oyos del rapaz que xogaba al fútbol y, coa mirada incendiada de pasión, inundao nel ilusión d'aquella fogaxe coa qu'abre os oyos como pratos, a meu tío aparéceseye algún historia d'aquellos tempos hoi tan trastiaos que ben sei foron dacondo, tamén pra él, felices.
Y rise.
Y a min prodúceme úa ternura inmensa.

No hay comentarios: