miércoles, 11 de abril de 2012

Economía del insulto.


Dicir as cousas al focico é, normalmente, el sucedáneo ou eufemismo que miyor arromenda ou s'achega a insultar, anque as súas capacidades d'aclariar y precisar y, pollo tanto, d'optimizar as relacióis entre suxetos, quedan mui llonxe d'un bon insulto ceibao a tempo. Lo d'andar alredor del tema en cuestión nun cabe duda de qu'é un recanto pra escuruxar el que de verdá se quer chantar nel focico da persona indeseable que nun cría más que tensión nel peto, revoltura y hasta mala concencia. Úa búa bufonada que llimpie de sutaque toda esa ansiedá y falsa comenencia é muito más saludable qu'agachar a cabeza, callar a boca y deixarye medrar á cousa por andar danto voltas unde debera ser todo recto. A corto prazo, arrimarye con xeito a ún un insulto como se fose úa moucuada inesperada, é muito más resolutivo qu'andar cargando os hombros y as coronarias anque, claro ta, más pr'alantre as consecuencias poden ser indeseables. El economista moral y el moralista económico debera ter esto ben presente.

     El insulto é éscaton intrínseco que llevamos, como arma y redención, dentro noso; y ta claro qu'encima d'acurtiarche lamar de gasto en salú al hora del  sou uso, de paso deixa asentaos os avezaos barruntos que se vían machiando dende sabe Dios cóndo entre dúas ou más personas sobre el qué pensa el outro d'ún y viceversa. Case sempre resulta un adelanto, úa ganancia y, en tempos como os que corren case vale más espetar esta malicia sonora y cinésica al tou contricante, y deixallo amomiao y atatabexando, acebollao y sin saber qué dicir antes que poñer a ferver el sangre y enfermar el fégado, andar mermurando, enganando y dicindo medias verdades col ánimo despreciable de dar de menos al rival. Pra desvastar aspacín y inocular mermuracióis y velenos al xeito y con efectividá a quen en realidá ques insultar, fai falta ou úa fonda ruindá ou úa comprometida intelixencia, cualidades éstas que, muitas veces, hai a zuna de confundir entre ellas pola súa clara asomeñanza.

     É úa máxima del sentido da xusticia fer por toparse con rivales al altura del conflicto, al contrario qu'a tan abundante necedá penosa del todo, fata y arrastrada entre suxetos que folgan muito, tein invidia ou barruntan, por poñer un caso, qu'a súa muyer ta con outro qu'igual es tu. Dase muito qu'esta sía xente farisea y psicofante, iletrada del todo, malentretenida fundamentalista  que queren ferye a ún a vida imposible col sou dido acusica y a frase inxustificada y a destempo. D'esta mena ben sei que case tod@s conocemos algún caso. Eu sei d'esta especie entre xente que nalgún tempo las deu d'amig@ comigo. Probablemente hoi padezan esta cuita por algún dos motivos antes contaos: por querer y nun poder, por ter gana necia de pisar a quen tein al pé ou, lo qu'é más importante, por nun saber, ou negarse, a administrar un bon insulto nun ocasión al xeito. Muit@s teríamosllo ben agradecido.

     Anque insultar, trai problemas: eu, por exemplo, nun sei cóndo un insulto insulta como debe a ún ou deixa de fello. Envidio muito á mía bola, que tía proclamas aprendidas ben claras sobre este debate que me cría tan fondo comezón: ¿cóndo teño que sentirme insultao? ¿depende eso de min..? ¿hasta únde, únde, cómo, con quén, por qué, quén, cóndo...? ¿Qué relación ten el suxeto presuntamente insultao con el propio insulto y coa persona insultadora? A pouco que revolvamos nello, salen perguntas a mataxato que nos meten en moralinizantes camisas d'once varas das que pinta ben amolao escapar. Todo por mor de reparar nel insulto y a súa existencia nas nosas vidas, envede escuruxarse entre a ruindá y baxeza que nos mura pra acabarnos coa salú a base de pinchuadas d'alfiler. Igual fóra miyor ter insultao hai tempo, con convecemento y contundencia á persona esa que, por allargar a discursión y el sufrimento, anque con ello tamén igual a vida, aforras de chamarye cualquera cousa. ¿Nun saliría más barato dicirye cuatrocientas y irse descansar?




No hay comentarios: