martes, 3 de abril de 2012

Úa compra.

Os comercios a os qu'iba de recadeiro condo era un maragato preservaban miyor qu'agora el intimidá comercial da súa clientela. Hoi, en cualquera supermercao, el trivial troco mercantil col negocio escoyido y en particular col sou axente, sía caxeira ou caxeiro, é del todo público y ás veces vergonzante pral cliente que, por mor d'esta esposición a oyos sabicheiros, prefire ir al comercio especializao unde s'intiman y boutiquizan estas relacióis.

     Aparte das inquisitivas miradas d'esgueira ás cestadas que se van evidenciando nel pico del mostrador da caxa, hai qu'apencar como se poda col feito de deixar al público imaxinar a túa traseira condo lo qu'enseñas é a cara tensa y sudorosa que quer esconder úa mirada medidamente distraída. É este el caso si a mercancía é, por exemplo, us bus rollos de papel del váter. Como daquén dixo algúa vez, nestas xeiras queremos mostrar el noso miyor haz, pro nun podemos evitar qu'a xente barrunte col noso pior envés y, pra más inri, en flesióis miga galantes.

     Nun dígamos se a mercancía son, por poñer el caso, condóis. Pode ser que todo xeito de pistas amostren qu'el cliente yes día uso normalizao y hasta masivo anque non necesariamente eficaz, pro a zuna sabicheira que se dá nos comercios de llugares pequenos como é el meu, fai tirar pol tarrén nestos establecementos xeneralistas as ventas d'esta mercancía funxible, y pasa a dalla á especialización das farmacias ou ás espendedoras de caleyas ou váteres que garantizan muito miyor el anonimato.

     Feita el operación de compra y xa fora, non sin antes ser el obxetivo d'algún pescozo estirao y algús oyos regallaos que baban por descubrir a liquidez coa qu'ún se move pol mundo mercantil, nun é estraño que, tal como ayer me pasóu nun comercio que dá pra úa caye estreta y de muito trafego, un coche maléfico, case diabólico, tía atravesao nella quitando de pasar al inocente comprador que lleva el coche chen de mercancía conxelada.

     El nefando taponador, qu'ataza ás presas y desconxela as bolsas, tará coa porta del maleteiro aberta delantre del comercio, apurándose a guardar a mercancía nel coche, maquinaria infame portadora del mal de males. Entrementres, el suxeto ou suxeta responsable d'él, con xesto severo y arisco y sin ánimo ningún de disculparse, anque conscente del mal xenerao y da posible compra desconxelada na bolsa da víctima, ha a apurarse con pasadías curtias y rápidas, papos coloraos y bolso ou carteira amenazando con cayer al tarrén, a acabar conto antes el operación de desaloxo. Todo, despós da flagante traición a os choferes que, a estas alturas, xa terán amañada úa búa fileira na qu'a pouca pacencia y a mala hostia medran sin control nin respiro. Neste punto, talíase cada movemento del culpable atazador: cada pequeno xesto ou mueca estudiase con lupa y cualquera fayo cometido ha a costarye muita parte da súa xa dudosa reputación y tamén algún qu'outro insulto xordo entre a fileira aborrecida y rabiada. Agora, él ou ella, mentres resopla colorao y con forza, de xeito irregular, intranquilo y cos oyos mui abertos como buscando nel más alló un responsable da desfeita del más acó, ha a verse obrigao a zamparse ávido, como si tuvese esfamiao ou col cul mui apretao, nel pico da porta redentora que lo mete nel bólido protector úa vez acabada a fechoría. Aquí un rapidísimo, case inapreciable xesto de perdón dase por parte del indeseable. Na fileira de coches de detrás, ha a relaxarse a tensión nos pescozos y nos dentes rillaos; y as espaldas, molles y más descansadas, sin tanto deseo de morte escuruxao, han a volver apoyarse nos sous respaldos. Sin duda, más d'ún vai machiar entre os dentes, con xesto despreciativo ou hasta psicópata: "¡¡arranca d'úa puta vez, hostia!!".

     Asina, a marcha del alivio ponse a andar y el agresividá apeteirada vai repisando hasta cayer a os niveles de normalidá, entrementres qu'el comprador vai achegándose al sou nío col coche. Relaxao, coa lliberación dos males del mercao na flor del peleyo, incauto, desprevenido, hasta botará úa sonrisía acordándose das presas y da cara d'estreñimento y velocidá del provocador ou provocadora del atazamento. Despós, arrogante y benévolo, chegará a perdonar al culpable y dirá pra sí que nun merece a pena criarse mal sangre por tan pouca cousa. Además, hoi que ye cuadróu úa caxa sin xente, aprovetóu pa pañar condóis a os que yes pensa dar uso feroz esa noite... El incauto inda nun sabe que detrás, nel maleteiro del coche, úa pastramada multicolor desconxelada espéralo pra poñello de malísima hostia y ferye trabayar toda a tarde, y parte da mañá que vén, quitándola. Y claro, por suposto, tampouco barrunta qu'esa noite, tristemente, nun vai tar d'humor y ha a ter que pasalla -como tantas outras- a dúas velas.

No hay comentarios: