martes, 17 de enero de 2012

"Hay caldo"

Nel meu diario exercicio gnóstico, comprometido como avezo a tar coas reflesióis da xentuaya da vena que malvive reprimido pola inminencia da morte, el idea d'identidá, ou el evidencia del amor frustrao, pro que, por outro llao como a cualquera baldragas, cóstaye lamar concentrarse en fritir un ovo como dios manda, llevar el calzón como é debido na cintura ou atar con xeito os cordóis dos zapatos, nestas, el outro día, deume por reparar nel caldo.

Sí, amig@s, nel caldo. Gastronómicamente avezo a fello, además de gozallo con fruición, -valia a redundancia- úa ou dúas veces por semana; en particular condo el verde que lleva é de rabizas anque en nada lo desmereza, todo hai que dicillo, el de berzas. Confeso, inda asina, que rara vez me dá por pidillo nun bar unde, con frecuencia, el meu gasto nesta interesante instalación é alcohólico.

Algúa vez sí lo teño solicitao y nun quero pasar el oportunidá de recomendar ún de pescao qu'ofrecen nun d'estos atractivos ateneos tapiegos y outro de carne d'úa taberna franquía (se dades con ellos, as hosteleirías locales han a agradecervos, entrementres, a busca). Pro dende el outro día y despós del meu reparo neste guiso de carne y verde, pescao, marisco ou outras viandas, padezo d'un tarazón, un comezón nas coradas qu'hasta me produce sarabuyadas nel peleyo y algún qu'outro inquietante calofrío. Y nun paro de perguntarme: ¿por qué escura conspiración, contubernio ou estraña maniobra, el hosteleiría del mundo anuncia en visibles y coloridos lletreiros, nas baldas das estanteirías ou hasta nas portas dos sous locales, a fonda aseveración "Hay caldo"? ¿Por qué, amig@s, esta negrura, este esoterismo? ¿Nun deberan, en comparanza y d'igual xeito, amañar tanta inversión estética en carteleiría d'outros beberaxes ou productos? ¿Por qué non chamadeiros lletreiros de gaseosa ou infusióis, de viño, de cacagüeses, de café solo llargo ou xa hasta, pra xente estraña, d'avanzada edá ou pouca salú, de cerveza sin alcohol del tempo? ¿Por qué non "Hay bebida refrescante de cola", "Hay whisky", ou "Hay agua mineral de Cantabria sin gas, cuya marca no queremos aquí significar"? ¿Por qué namás os lletreiros que nos avisan, con vista chamadeira, del caldo? ¿Qué escuras razóis s'escuruxan detrás d'este reclamo..?

No hay comentarios: