lunes, 6 de febrero de 2017

Cantar triste da N 634 (II)




Naide dos outres tres galapáis poñía xeito ningún de sacar el carné, y xa desque empezamos a salir denoite al llugar unde vivía ella, avezáronse a que fose eu quen apencase todos os sábados y tuvese que poñer el meu coche. De primeiras nun m’esmolía muito, porque ellos taban estudiando y eu, qu’empezara a apionar de rapacín, era el único que xuntara algún cuarto pra comprallo y poder mantello. Además, d’aquella tanto yes daba qu’eu tamén bebese al hora de salir, anque ben era verdá que nun lo fía tan sin xeito como ellos. Lo que primeiro foi úa comodidá, convertíuse nun avezo que pasóu de nun sentarme miga ben a obsesionarme col proveto que sacaban de min, entrementres se despreocupaban de poñer el que fía falta pra nun ser eu el pagano da súa folgazaneiría.
     Os cuatro fomos amigos dende pequenos. Aparte de vivir case apegaos y compartir xogos y comedias, marregas y albeiros, tocóunos ir sempre xuntos nel escola y nos dous anos del instituto a os que fun faltar nas clases y destacarme por fer trasnadas de todos os xeitos posibles. Nese tempo de rapacíos sin deixar de ser maragatada, si hei dicir a verdá, xa foi condo empezaron a abrir úas goteirías na nosa amistá que col paso dos anos nun fixeron outra cousa que medrar y ir razpiando en nosoutros hasta a noite na que Xuan, al cabo, lióuse d’úa vez con María. Namás conoce el dolor del rencor quen lo padece y xa había cousas d’aquella que me fían ferver el sangre. El zapicar nel inocencia pode volver a ún arrabiao y atollecido sin atender a outras razóis. Supoño que más tarde, alomiyor el nun ter eu ido al paso d’ellos nel estudio nin nos cuartos condo éramos nenos, el nun conocer a mía madre ou vivir núa casa y úa familia más ben probe y unde nun s’atendía a modas nin bioco, puido ser daqué del foi fendo cinza a nosa relación. Pouco y a pouco foise emboutando todo de lletanías de problemas que, alomenos a min, fóronme fendo más esquitón y desconfiao pra con ellos.
     Callar ta ben condo ún calcula qu’é por prudencia ou pra despós de porfiar abondo, pro nel meu caso ta claro que fello foi un error y un hipoteca. Aguantéi carros y carretas qu’acabaron por triscar a lliñada que tía mao pola nosa amistá. Al final, lo meu cos outros tres era muito más feitizo que verdá. Notaba cómo me fían mal. Muitas veces me señalaban y insultaban. Ríanse delantre da xente de min sin motivo y nun tían reparo ningún en dicir a voces que Pedrín taba algo tollo ou era un pouco payolo. Aprovetaban que nun asistía a algús dos palos nos qu’ellos taban envizcaos pra reparar nas mías diferencias y mirar d’engañar a quen los ouguía, dándome sempre de menos y falando de min pouco menos que como d’úa povixa de miseria. Además, pasa tamén que soi fraque y pequenaco y lo certo é qu’igual me gustaba ser outra cousa. A mía condición tamén yes valíu d’escusa a miudo pra fer burlla y terme por menos. Lo certo é qu’houbo un tempo nel que –anque as mozas nun mirasen nunca pra min, agá pra ferme sentir despreciao- eu nun me vía ningún desgraciao y además, d’aquella qu’empecéi nel obra trabayando a mataxato, el corpo foi garrando algo de xeito y muitas veces delantre del espeyo mirábame poñéndome en tensión, apretando nos músculos, y vía qu’allí había un rapazuco qu’inda nun che taba pra tanto menosprecio como me querían fer ver os outros tres. Agora penso que, a verdá, nun me deberan señalar nunca. Era muito miyor pasar del todo desapercibido. Esistín namás pra salsiarse da súa cobardía buscando úa disculpa qu’era eu demasiadas veces, mentres ellos, poñéndose crespos, s’alabanciaban sin tasa y m’espoñían entre a xente col Sambenito de ser quen en verdá soi. Eu, pánfilo de min, zorriaba al callar y quedaba con aquel mirar triste al que nada ye apetece. Nun yes dicía nada y sonríame como un hipócrita y un fato, guardando todo pra dentro y anabando úa rabia qu’atouzaba todos os días y que foi, al cabo, relloucándome y parando nel pior.
     Últimamente nada me cayía en gracia. El tempo y as circunstancias foron asañándome os males de veyo y meténdome pouco y a pouco núa furada da que nun fun quén a salir. Hei a dicir que dos tres nun eran todos cortaos pol mesmo patrón, porque sí qu’é verdá que Xuan algúa vez paraba más comigo y inda pintaba que falaba con xeito y con disposición de botarme úa mao condo tía dalgún problema. Eso tíalo. Pro tamén lamar de veces, en conto que volaba cos outros dous esmocayóis y babayos, deixábase llevar por ellos y daba en aguiyuar en min d’un xeito que m’amolaba especialmente y me deixaba froxo como el augua, porque eu tía posta confianza y hasta ilusión na búa relación qu'en dellas ocasióis pintaba que quería ter comigo. Eso nunca yo perdonéi.
     Ademáis, Xuan taba nun error que ye había salir caro. Eu xa notara a os sábados que dende había algún tempo andaba apanxolao por mor d’aquella moza que resultóu ser María. Hai cousas que nun tein xeito nin rovés, pro el caso é qu’ella reparóu nél. Xuan deuse conta. Víu a Dios por un furao y desde esa nun era el mesmo. Mudóu de ser y aparentar. Víaseye que tentaba de pintarye interesante y a fe mía que lo conseguíu. Bebía con muito más xeito. Tanto, qu’hasta algúas veces nos temos escandalizao condo ye víamos vir da barra cos nosos cubalibres y un augua ou úa cerveza sin alcohol pra él. Naquellos momentos sí que pasaba a ser él a comedia del grupo y hasta algúa vez, tamén de quen lo conocía y sabía dos sous avezos nas noites. Acórdome de cónto se medía y cómo nun esbouriaba igual que lo fían entre ellos condo yes calecía el gorgoleiro y xa nun había muito unde chantar úa punta. Reconozo qu’as veces, entre as rabias, case me daba a risa condo lo vía arrancar medio ceibe a beilar ou aprovetaba pra cortexar na distancia mirando de poñer úas poses peliculeiras que ye pintaban qu’habían dar miyor resultao con ella. –Este nun é abondo-, marmuraba eu pra min.
     Xuan pensaba que namás podía comer él como lo fai un can famento condo naide ye quita. Lo certo é que María era mui especial y quenquera que la conocese querería embarrigalla, pro ella namás atendía pra él. Acórdome d’aquella de que despós d’andar apanfilao con ella sin inda darye úa trabuada, Xuan tuvera tres ou cuatro meses fora por mor d’algo que tuvera que fer nel Universidá y eu, zorriando entretanto, tuven pendente por ver si María aldromeiraba con daquén entrementres. Un día d’aquellos, nún dos bares nos qu’era normal qu’ella tamén parase, coincidimos como tantas veces a us poucos metros y allí vin cómo me botaba un oyuada d’un xeito entre a gracia y a compasión y eu, que quedéi estasiao coa mirada chantada naquellos oyos d’acebache qu’anunciaban a tremenda moza qu’era María, vin cómo s’achegaba a unde eu taba mentres m’entraba un picazón por todo el corpo que case me fai escapar d’allí ás carreiras. Quedéi sin fala, cos oyos visgos y el bazcayo atanigándose, mentres miraba pra riba al pé meu, tentando d’atoparme coa súa mirada y saber qué era el que me quería. Admito qu’hasta me fixen algún ilusión col que podera pasar y, despós de parar aquel día con ella –y algún outro bocadín entrementres Xuan taba fora-, embitiyéime en pensar qu’el que me dixera escuruxaba nella outras intencióis y que podera ser eu el obxeto del sou interés y desvelos. Reparéi en que quen rega el cul d’outro sécaye el d’él y lo certo é que, nel meu delirio, tuven mui tentao a botarye úa picuada por ver si el mundo trocaba el tollo y ella miraba d’amañar daqué comigo. A verdá é que pasóu el que tía que pasar entre dúas personas d’esa condición: eu namoréime rápidamente como un pánfilo y oubiaba y bababa por parar con ella anque fose un chinisquín, y María fexo de min a un conocido que ben sei lamar de veces ye daba llástima abonda, inda anque podera ter algo d’aprecio por aquel saqueto.
     Nun había volta. María foi comigo mui amable nas nosas escasas y curtias conversacióis, pro el que quería era saber d’aquel rapaz que normalmente taba con nosoutros y de quen notaba a súa falta desde había úa temporadía. Díxenye cómo se chamaba y algo del que fía, pro nun barría prá súa casa nin ye deixéi claro el momento nel qu’eu xa sabía qu’iba volver. Dicíaye «Foise, pro nun sabe cóndo virá de volta, nin tan sequera si ha volver. A verdá que sempre fixo un pouco el que ye deu a gana» y cousas asina pra sacar el atención qu’aquella moza tan preciosa tía posta en Xuan y que, a poder ser, nun ye quedase un unzón d’esperanza, entrementres miraba fatamente d’abenzuarme a min mesmo.
     Naquellos sábados, os outros dous llacazáis enchíanse sin tasa y sin dar muito crédito a qu’ella parase un bocadín falar comigo de condo en vez, aprovetaban el caso pra mazar en min y deixarme ben claro qué sito era el qu’eu ocupaba naquello. Como sempre, quen tía alredor preocupábase por ferme ver que xa nacera con deudas que pagar y qu’el pouco que tía era muito más qu’el que merecía. Lo certo é qu’ellos tamén ye zorriaron a Xuan condo volvéu y notaron que María lo esperaba con ansias; callaron como afogaos y nun ye dixeron palabra del que viran nin del interés que, pol pouco qu’eu yes dixen, sabían que María tía nél.
     El augua de goteiras de todo aquello foi descubrindo úa negrura pesada y imposible de ter mao por ella. Nun pasóu muito tempo hasta qu’úa d’aquellas noites lo que taba chamao a ser pasóu. Vimos cómo María y Xuan s’axuntaban nun dos locales d’avezo y fómonos d’allí. Eu fíxenlo por decepción y vergonza y os outros dous por seguir tomando cubalibres. Féxosenos más tarde del normal y empezamos os tres a chamar en Xuan un bon feixe de veces pra que tomase a determinación d’irse d’allí xa. Eu, nese momento, tamén tía tomada a mía.
     Él deu chegao y, condo arranquéi, vin cómo ye entróu un sono case repentino que lo apayolóu nel coche entrementres íbamos camín da casa. Os outros dous, chíos como cais, iban esbabayándose pol camín y dicíndome, como sempre, qu’eu taba tollo y qu’era un pouco payolo.
     Nese momento nun tuven dudas. Lo certo é que lo tía rumiao había tempo abondo y tía mui claro qu’esa iba ser a noite. 

Chegando a aquella curva pechéi os oyos y aceleréi.

     Eu fun quen más tardéi en acabar, entre os ferros retorcidos y aquel silencio mouro y espeso. Nos meus últimos alentos sentín cimbrar el qu’era el móvil de Xuan. Cos oyos case pechaos pol peso del final, puiden ver delantre de min, na pantalla, que lo taba chamando María. 

Y pasóu por allí úa llaparada d’escuridá rellumosa.

No hay comentarios: